
Aprende folclore gratis na nosa academia online con Xacarandaina
Manifesto Día das Letras Galegas
O Día das Letras Galegas soa mellor que nunca.
En Galicia, este ano homenaxeamos á poesía popular oral, ás nosas cantareiras e pandeireteiras, á tradición que nos define, nos identifica e nos acompaña desde sempre.
Por iso, en FEIRACO unímonos a Xacarandaina, entidade de referencia no desenvolvemento e difusión das nosas artes, para celebrar e alimentar xuntos a nosa cultura. A escrita, a oral, a cantada. A cultura galega que traspasa xeracións e fronteiras. Porque Galicia é Campo de Artistas.
Como elas, por elas. Por Adolfina e Rosa Casás; Eva Castiñeira; Manuela Lema, Teresa García e Prudencia e Asunción Garrido, as Pandeireteiras de Mens.
Súmate a nós e goza aos catro ventos das nosas letras.